
Rancor/ A liña política
Miguel Morales; Santos Díaz , 2015
40'. DCP. Entrada gratis. Presentación: M. Morales e S. Díaz
RANCOR
(España, 2015)
Dirección e guión: Miguel Morales. Producción: MT Producciones. Intérpretes: Santi Romay, Mara Sáchez, Iago Novoa, Miguel Borines. Dur.: 18'.
Teo, é un home duns 35 años, que tras chegar á casa logo dun longo día de traballo e ao revisar as mensaxes do contestador, escoita unha mensaxe que fai que o seu pasado volva ser o seu presente. Seu pai morreu na residencia de maiores onde vive e envíano á casa da aldea para soterralo. A última vez que Teo viu a seu pai, foi hai uns meses e despois de moitos anos. Tantos como os que había que saíu pola porta da casa, abandonándoo a el e á nai, tras unha acendida pelexa coa súa proxenitora doente e que el escoitou desde o seu cuarto.
A LIÑA POLÍTICA
(España, 2015)
Dirección: Santos Díaz. Guión: Santos Díaz, Pablo García Canga. Producción: Ángel Santos, Y La Nave Va. Intérpretes: Xosé Barato, María Vázquez, Alberto Rolán, Sonia Méndez. Dur.: 21’.
María ten un traballo estable e é unha muller autosuficiente. A enfermidade do seu pai lévaa a examinar emocións e pensamentos enfrontados. Juan dá clases como profesor de música e mantense ocupado tocando onda os amigos. A idade e o tempo convertérono nunha persoa máis reflexiva, mais inevitablemente hermética. María e Juan, unidos sentimentalmente no pasado, manteñen unha relación de amizade e preocupación mutua. Aínda que as pegadas e cicatrices da súa experiencia común marcan unha liña de separación entre ambos, unha serie de encontros e desencontros levaranos a un pequeno momento de comprensión e sinceridade un co outro.