Xéneros mutantes (I)
Del 1 de noviembre de 2011 al 31 de diciembre de 2011
En colaboración: con Festival Internacional de Cine de Gijón, IVAC-La Filmoteca de Valencia e Filmoteca de Cantabria.
A tradicional separación entre cine de xénero e cine de autor debería desterrarse para sempre. As diferencias canónicas establecidas nos manuais de cine xa non son operativas. En realidade, non o son desde fai moito tempo, pero bastaría co exemplo da serie de películas filmadas nos últimos anos que conforman o ciclo Xéneros mutantes, películas que parecen responder a un único interrogante: como aborda os xéneros clásicos o novo cine de autor? Este é o plantexamento dol ciclo, amosar un grupo de películas contemporáneas que desde o cine independente, cos seus medios, polo tanto, pero tamén desde unha perspectiva inequivocamente autoral atrevense a abordar os xéneros e, en moitos casos, darlles a volta. Caben aquí desde obras firmadas por consagrados veteráns (Skolimovsky, Hellman) ata novos valores (Dupieux, Katz, Duplass, Reichardt), desde ficcións que conseguen trastocar a nosa visión tradicional dos xéneros (Ossang, Winding Refn) ata documentais que suscitan dudas razonables sobre o seu verdadeiro status (Losier, González Rubio) ou películas que desafían a súa adscripción a un xénero concreto (Lacuesta, Glawogger). O ciclo, que prosegue no programa do CGAI dos meses de xaneiro-febreiro, pode verse tamén como unha mostra dese cine que circula polos festivais internacionais e non chega ás nosas pantallas.
Agradecementos: Angeline Nicolai, Elle Driver (Francia), Manuela Comps, Wild Bunch (Francia), Ruby Rondina, E1 Entertainment (Canadá), Leslie Vuchot, Instituto Polaco de Cultura, Anna Delseth, Urban Distribution (Francia).

Rubber

Valhalla Rising

Contact High

Road to Nowhere

Dharma guns

Essential killing

The Ballad of Genesis and Lady Jaye
