Outonarte: CINE_ASCIART (DSK)
Del 1 de octubre de 2009 al 31 de octubre de 2009
En colaboración con Outonarte.
A celebración da mostra artística Outonarte durante todo o mes de outubro en distintos lugares da cidade da Coruña, ten unha das súas paradas na programación do CGAI. A peza curta do dúo DSK (Juan Lesta e Belén Montero) CINE_ASCIIART proxectarase en nove sesións do mes.
CINE_ASCIIART
(España, 2003/2004)
Dirección: DSK (Juan Lesta e Belén Montero). Duración: 4 minutos.
Auténtico cine en código ASCII. Proxección de tres pezas (Despegue, Paisaxe e DSK) incluídas no seu día no “Proxecto-Edición” e agora en Outonarte. ASCIIart consiste nun sistema dixital onde se traducen as imaxes a liñas compostas por caracteres (código ASCII), os cales recrean as formas da imaxe inicial. Para a permanencia analóxica da imaxe neste formato, DSK proxecta en celuloide 35 mm a película xerada coa súa información en ASCIIart.