New Hollywood Novos Thrillers (II)
Del 1 de diciembre de 2009 al 31 de diciembre de 2009
En colaboración con Donostia Kultura e IVAC-La Filmoteca de Valencia.
Nova entrega da publicación Nosferatu que nos aproxima á evolución do thriller estadounidense do anos 70 do século pasado a través de 25 títulos. Unha serie de narracións policiais caracterizadas en liñas xerais pola actualización do relato, o aumento da ambigüidade nas dubidosas fronteiras trazadas a ambos os lados da lei, o tratamento analítico da violencia, a dimensión documental, a tendencia á abstracción ou a desmitificación e fragmentación dos tabús, heroicidades e convencións do xénero nas súas orixes. Este cine, onde a complexidade dos itinerarios converxe coa falta de motivacións dos antigos heroes, vese beneficiado pola efervescencia e aparición dos cineastas do chamado Novo Hollywood (Altman, Cimino, Coppola, Friedkin, Scorsese, en menor medida Pakula), bárbaros empeñados en derruír o cine máis conservador (enténdase en todos os sentidos da súa acepción) ou figuras periféricas e fagocitadoras como John Carpenter, John Millius ou Walter Hill, sen esquecer a presenza de excelentes directores anteriores -en particular varios dos grandes debutantes nos anos 50: Fleischer, Lumet, Penn, Siegel e Aldrich; pero tamén Sam Peckinpah- ou talentos europeos como Roman Polanski.
Influente progresivamente en xentes tan diversas como Paul Schrader, Jim Jarmusch, Abel Ferrara, os irmáns Coen, David Fincher ou Quentin Tarantino, o thriller deste momento aparece infestado de prácticas ben distintas, que van do conto de acción, o proveito do blaxploitation, a moda retro, o policial metafísico, o western urbano, aos relatos de vinganza –exemplificados nos axentes obsesivos encarnados por Gene Hackman, Clint Eastwood ou Charles Bronson- polos que afloran todas as frustracións burguesas e liberais produto dunha época tan contraditoria como chea de enerxías enfrontadas. Comezamos o ciclo no final da década inmediatamente anterior, os anos 60, cando títulos como A quemarropa, Bonnie y Clyde, Bullitt ou El detective perfilan as mutacións que van acontecer no policial de raigame clásica, de maneira que as fábulas con sentido moral dun mundo que se pretendía organizado pasan a ser tráxicas aproximacións ao fracaso ao tempo que gañan en autoconciencia.
Agradecementos: Sue Jones, British Film Institute (Reino Unido), Vincent Dupré, Theatre du Temple (Francia), Eduard Ferrer, Solaris Distribution (Francia), Geraldine Higgins, Holllywood Classics (Gran Bretaña), Cooper Films.
![LAS NOCHES ROJAS DE HARLEM LAS NOCHES ROJAS DE HARLEM](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1802.jpg?itok=VmSUl3_C)
LAS NOCHES ROJAS DE HARLEM
![CONTRA EL IMPERIO DE LA DROGA CONTRA EL IMPERIO DE LA DROGA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1803.jpg?itok=xTchpbM3)
CONTRA EL IMPERIO DE LA DROGA
![LA GRAN ESTAFA LA GRAN ESTAFA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1804.jpg?itok=rWc1AvEq)