Gus Van Sant (I)
Del 1 de junio de 2010 al 30 de junio de 2010
En colaboración con IVAC-La Filmoteca de Valencia e Filmoteca de Catalunya.
Dono dunha das traxectorias máis singulares no cine recente, o estadounidense Gus Van Sant (Louisville, 1952), comeza a súa carreira artística probando nas belas artes (pintura) ou na publicidade, afincándose en Los Angeles en 1976. Con escasos aforros filma Mala noche (1985), primeira aproximación á núcleos de personaxes fóra de convencións, marxinais ou soñadores observados de maneira nada compracente, e marcados polo seu pasado, a educación e as circunstancias familiares. Os dramas Drugstore cowboy (1989) e Mi Idaho privado (1991) colócano no mapa da crítica internacional máis esixente. O revés sufrido por Ellas también se deprimen (1993) lévao a aceptar ofertas dentro do sistema de produción dos grandes estudios, obtendo bos resultados coas súas seguintes películas. Psicosis (1998), na súa relectura apropiacionista do título de Hitchcock, vai representar un punto de inflexión polos seus aspectos posmodernos e cando perpetra a súa tetraloxía sobre a incomunicación -un ciclo comparable ao de Antonioni con distintas estratexias?-, sempre co trasfondo xuvenil e formada por Gerry (2002), Elephant (2003, Palma de Ouro en Cannes), Last days (2005) e Paranoid Park (2007) rebenta os parámetros críticos. Concibidas como percorridos fantasmais polas turbulencias do cine moderno e as súas posibilidades, escrituras fílmicas tan fermosas como espectrais, Van Sant paraliza o tempo e xera imaxes especulares, facendo da súa independencia e sentido da aprendizaxe figuras de estilo. O ciclo complétase no mes de xullo.
Agradecementos: Yedra Films, Geraldine Higgins, Hollywood Classics (Gran Bretaña), Nicholas Varley, Park Circus (Gran Bretaña), Carlotta Films (Francia), Classic Films, Cristina Bernáldez, Filmoteca Española, Peter Langs, Universal Pictures (Estados Unidos), Lauren Films.
![MALA NOCHE MALA NOCHE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1961.jpg?itok=z1SMIKq9)
MALA NOCHE
![LAST DAYS LAST DAYS](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1962.jpg?itok=sO9Ho6GV)
LAST DAYS
![PARANOID PARK PARANOID PARK](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1963.jpg?itok=tzkdVzY6)
PARANOID PARK
![PSICOSIS PSICOSIS](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1966.jpg?itok=zVDrexOz)
PSICOSIS
![EL INDOMABLE WILL HUNTING EL INDOMABLE WILL HUNTING](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1965.jpg?itok=cvcgNMn4)
EL INDOMABLE WILL HUNTING
![MI IDAHO PRIVADO MI IDAHO PRIVADO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1967.jpeg?itok=cML5V_3Z)
MI IDAHO PRIVADO
![DESCUBRIENDO A FORRESTER DESCUBRIENDO A FORRESTER](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1968.jpg?itok=RHNCb18l)
DESCUBRIENDO A FORRESTER
![ELLAS TAMBIÉN SE DEPRIMEN](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/mv5bmtgyoteyodgwov5bml5banbnxkftztcwmdc3ntq0na._v1_.jpg?itok=DLZSUMPZ)
ELLAS TAMBIÉN SE DEPRIMEN
![GERRY GERRY](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1970.jpg?itok=-EAnEgxJ)