Fatih Akin (e II)
Del 1 de enero de 2010 al 31 de enero de 2010
En colaboración co Festival Internacional de Cine de Gijón, Filmoteca de Cantabria e IVAC-La Filmoteca de Valencia.
Cineasta turco-alemán, Fatih Akin (Hamburgo, 1973) é unha das figuras máis recoñecidas do cine europeo actual. Xa desde os seus primeiros traballos desenvolve unha serie de trazos ou tendencias estables (guión aberto, atención ao work in progress, tramas con personaxes ao límite, usos musicais, ambientes transfronteirizos ou de interacción cultural, etc) que resultarán determinantes na súa progresión. Influído por xentes como Scorsese, Yilmaz Güney, Fassbinder, Coppola ou Wilder, co éxito de Contra la pared (2004), Oso de Ouro en Berlín para unha dura historia de amor, comeza a tecer as súas obsesións: amor, morte, mal. Trasfega e viaxe constante convértense en metáforas da súa ambición: unha sorte de construción de road-movies da emoción. Con Cruzando el puente. Los sonidos de Estambul (2005), revisión das músicas da emblemática cidade turca, e Al otro lado (2007), premiada en Cannes e marcada pola creación da actriz xermana Hanna Schygulla, Akin establece novas interseccións no seu particular crebacabezas intercultural. Un esforzo que, de momento, se ve completado con Soul kitchen (2009), a súa última longametraxe. O CGAI, en colaboración co Festival Internacional de Cine de Gijón, Filmoteca de Cantabria e IVAC-La Filmoteca de Valencia contribúe coa publicación dun estudo monográfico da súa obra, Fatih Akin. El hogar errante, coordinado por Violeta Kovacsis.
Agradecementos: Anja Padge, Wuestefilm (Alemaña), Gisela Wiltschek, Bavaria Film International (Alemaña), Civite (Francia).

CONTRA LA PARED

CRUZANDO LOS PUENTES. LOS SONIDOS DE ESTAMBUL
