Extraterritorial
Del 1 de diciembre de 2008 al 31 de diciembre de 2008
Aproveitando a presenza de Antoni Pinent para impartir o curso “Cine sen cámara” o CGAI programa unha sesión de traballos seus máis as pezas elaboradas polos alumnos do curso. Comisario independente de arte contemporáneo, programador, director e produtor de cine experimental, Pinent é responsable desde 2004 da sección Cinema Invisible na programación estable de Xcèntric (CCCB). Director, coordinador e profesor de cursos especializados en torno á arte contemporánea, cofundou o grupo-revista de batalla Cabeza Borradora (Madrid 2001-2004). Dirixiu con Miguel Fernández Labayen as xornadas Xperimenta. Miradas contemporáneas del cine experimental (Bienal, producido polo CCCB). Comisario con Andrés Hispano da exposición THAT’S NOT ENTERTAINMENT! El cine responde al cine (CCCB, Barcelona 2007, Centro Párraga, Murcia 2007, Fundación Bancaja Valencia, 2008).
