En tránsito. Berlín-París-Hollywood (I)
Del 1 de marzo de 2009 al 31 de marzo de 2009
En colaboración co Festival Internacional de Cine de Las Palmas e IVAC-La Filmoteca de Valencia.
O eixe Berlín-París-Hollywood constitúe un dos espazos creativos máis fértiles do cine do século pasado. Este ciclo, coordinado por Carlos Losilla, foxe do historicismo para establecer redes de contacto entre cineastas e películas, lembrando a súa influencia inesgotable: de Ophuls a Lang, de Robert Siodmak a Wenders, o exilio ou o simple tránsito albergaron unha circulación de talentos cinematográficos sen parangón. A partir dos anos vinte, esta circulación de talentos entre Europa Central e Hollywood converteuse nun vaivén incesante con ramificacións históricas e estéticas que aínda se poden rastrexar no cine actual. Herdanzas e filiacións van e veñen ao compás do nazismo e a gran conflagración mundial, pero tamén da guerra fría e as súas consecuencias.
Agradecementos: Carlos Losilla, Geraldine Higgins, Hollywood Classics (Gran Bretaña), Filmoteca Española, Catherine Gautier, Peter Gassman, Praesens (Alemaña).

BERLÍN, SINFONÍA DE UNA CIUDAD

GENTE EN DOMINGO

KAMERADSCHAFT

REMORDIMIENTO

LILIOM
