DESENCADRES: STAN BRAKHAGE
Del 1 de marzo de 2014 al 30 de abril de 2014
Fóra de toda delimitación, arredados do recadro evidente, nos Desencadres da nova programación do CGAI-Filmoteca de Galicia seguimos con outro programa dedicado a Stan Brakhage (1933-2003), un dos cineastas experimentais máis influíntes de todos os tempos, coa intención de ofrecermos algunha sesión en cada programación bimestral. Estes programas de carácter temático e sen ningún afán completístico, pois a obra de Brakhage atinxe varios centos de títulos, a maioría de moi curta duración, teñen como finalidade achegarmos os espectadores a un dos cineastas norteamericanos máis importantes, pero tamén, en virtude da súa dedicación a un cine non narrativo, máis descoñecido, cuxo prestixio, paradoxalmente, é quizais maior nos espazos das artes plásticas que nos do cine. A serie prosegue con Scenes from under Childhood (1967-1970), en catro partes, considerada por Michael Snow como un dos grandes filmes da historia, unha sorte de plasmación dos mitos da primeira idade da vida.
Agradecementos: Canyon Cinema.
![Scenes from under Childhood (1-2) Scenes from under Childhood (1-2)](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2983.jpg?itok=cG35-0Zl)
Scenes from under Childhood (1-2)
![Scenes from under Childhood (3-4) Scenes from under Childhood (3-4)](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2984.jpg?itok=dAHaCQTj)