David Lynch no labirinto de Inland Empire (I)
Del 1 de marzo de 2008 al 31 de marzo de 2008
Coincidindo co seminario Inland Empire. Propostas desde o labirinto, que terá lugar o día 28 de marzo no CGAI coa participación de reputados especialistas, organizamos un ciclo complementario dedicado á vertente da obra de Lynch máis próxima a este filme. No mes de abril proxectaremos Cabeza Borradora (1976) e Carretera perdida (1997).
Dentro dun sistema audiovisual en estado de mutación permanente, a película Inland Empire de David Lynch estala como unha proposta apaixonante que non cesa de cuestionar os modelos establecidos, propoñendo novas formas de representación audiovisual que sitúan o cine máis alá do cine. O seminario Inland Empire. Propostas desde o labirinto parte da idea de que a película de David Lynch funciona como un auténtico labirinto expresivo aberto a mil e unha propostas de sentido. Para poder gozar da obra é preciso introducirse no complexo labirinto e observar como a película propón formas de circulación das imaxes, novas xeografías do urbano, novas formas de observar Hollywood como espazo do sinistro, novas temporalidades do fílmico e novos sistemas de desfiguración da orde figurativa que marcara os sistemas tradicionais de representación. Entrar no labirinto é unha forma de afrontar unha obra maior do cine contemporáneo e de repensar, con ela, o lugar que o cine ocupa dentro dun universo audiovisual en tránsito permanente.
Agradecementos: David Lynch, Mark Savage, Lori Bassett, Absurda (Estados Unidos), Mindy Ramaker.
![INLAND EMPIRE INLAND EMPIRE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1203.jpg?itok=CQjBxdEz)
INLAND EMPIRE
![MULHOLLAND DRIVE MULHOLLAND DRIVE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1206.jpg?itok=Am8dJjqO)
MULHOLLAND DRIVE
![Curtametraxes David Lynch Curtametraxes David Lynch](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1207.jpg?itok=b8WeXR2y)
Curtametraxes David Lynch
![LYNCH LYNCH](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1208.jpg?itok=zD-XHrvv)