Claude Lanzmann: Shoah
Del 1 de mayo de 2009 al 31 de mayo de 2009
En colaboración coa Alianza Francesa da Coruña.
Fillo de xudeus emigrados da Europa do Leste, loitador na Resistencia francesa e maquis condecorado na posguerra, Claude Lanzmann (París, 1925) licénciase en Literatura e Filosofía alcanzando a docencia na Universidade Libre de Berlín. Negro literario do comandante Cousteau, desde principios da década dos 50 dirixe a publicación Les Temps Modernes en estreita colaboración con Simone de Beauvoir e Sartre. A partir de 1970 consagra a súa vida a revivir a Historia do desastre xudeu, unha recuperación dos relatos da exterminación que representa a Shoah (termo que entrará no acervo occidental grazas ao noso autor) na II Guerra Mundial. Teimudo e firme nas súas conviccións de que o horror non se pode representar, non obstante Lanzmann é respectuoso co espectador, propoñendo a procura dun suxeito activo e reflexivo e formulando unha sorte de inesquecibles películas condenadas a non rematar despois do seu visionado. Pódese dicir sen ambaxes que a sucesión de traballos resultantes a partir desta experiencia –expresión do indicible, construción poética, rigor e coherencia- transforma a Historia do cine moderno.
Agradecementos: Claude Lanzmann, Sarah Streliski.
![SHOAH (Primeira época) SHOAH (Primeira época)](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1614.jpg?itok=D80Qfoe2)
SHOAH (Primeira época)
![SHOAH (Segunda época) SHOAH (Segunda época)](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1616.jpg?itok=O6fqsQSe)
SHOAH (Segunda época)
![SOBIBÓR, 14 OCTOBRE 1943, 16 HEURES SOBIBÓR, 14 OCTOBRE 1943, 16 HEURES](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1617.jpg?itok=fVETncZ1)
SOBIBÓR, 14 OCTOBRE 1943, 16 HEURES
![UN VIVANT QUI PASSE UN VIVANT QUI PASSE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1618.gif?itok=3nQTua4u)