Cine francés 1945-1960. Da posguerra á Nouvelle Vague (I)
Del 1 de marzo de 2005 al 31 de marzo de 2005
En colaboración con: IVAC-La Filmoteca (Valencia), Donostia Kultura (San Sebastián), Filmoteca Vasca (San Sebastián), Nosferatu. Revista de Cine (San Sebastián), Alliance Française (A Coruña).
Este ciclo traza un amplo panorama sobre a evolución do cine francés desde a época da Liberación até a chegada oficial da Nouvelle Vague en 1959-60, desde o cine de “qualité” ou de xénero xurdido das cinzas do realismo poético dos anos trinta (Carné, Clouzot, Clair, Delannoy, Clement, Duvivier, Autant-Lara…) ás primeiras curtametraxes dos novos cineastas que impoñerán a renovación xeracional e industrial na cinematografía gala (Truffaut, Godard, Rohmer…), sen esquecer os documentalistas (Rouch, Marker, Franju…) ou as traxectorias singulares dalgúns nomes incatalogables (Bresson, Ophuls, Becker…). Cunha periodicidade case semanal até principios do mes de xullo, as vinte sesións das que se compón o ciclo agruparán en moitos casos curtas e longametraxes. En paralelo editarase un número especial da revista Nosferatu (por este motivo, no ciclo só estarán ausentes un par de nomes indispensables, caso de Jean Renoir ou Jacques Tati, que xa foron obxecto de monográficos e ciclos por parte da revista donostiarra).