PRIMERO DE MAYO (LA CIUDAD-FÁBRICA)
Marcelo Expósito, 2004
61´. Vídeo. Subtítulos en castelán. Presentación a cargo do seu autor, Marcelo Expósito. Entrada gratuíta.
PRIMERO DE MAYO (LA CIUDAD-FÁBRICA)
(España, 2004)
Dirección e guión: Marcelo Expósito. Produción: Marcelo Expósito, BIG Torino 2002, 3. Berlin Bienniale für Zeitgenössische Kunst. Duración: 61 minutos.
O primeiro traballo da serie “Entre soños” artella primeiro un diálogo coa maneira na que o pensador Paolo Virno utiliza a metáfora do virtuosismo para representar a condición das actuais formas de traballo e da nova acción política. Expósito explora as pisadas do tránsito do fordismo ao posfordismo, a substitución do proletariado industrial por un confuso precariado social, apoiándose no caso da planta histórica da Fiat en Turín (Lingotto), xigantesco centro multifuncional. O reverso destas novas formas de explotación protagonízao a experiencia do colectivo milanés Chainworkers, centrado na autoorganización, a acción directa comunicativa e a reformulación do Primeiro de Maio (o MayDay), ferramentas clave da subversión do espazo metropolitano. Construído en bloques narrativos semiautónomos, baséase na montaxe de materiais diversos (arquivos cinematográficos, textos, entrevistas e músicas que van de Bach a Glenn Gould). Entre a tradición das sinfonías urbanas, o documental político moderno, o clip e o agit-prop, ofrece unha visión completa das transformacións contemporáneas e as formas de conflito que nos deparan.