Ponyo en el acantilado
Hayao Miyazaki, 2008
103'. 35mm. Versión castellana. Entrada gratuita (+4 años)
Ponyo en el acantilado
(Hayao Miyazaki, 2008, Xapón, 103 min)
Sosuke, un neno de cinco anos, vive no alto dun acantilado. Unha maña, mentres xoga na praia que hai debaixo da súa casa, encóntrase cun peixe femia de cores coa cabeza atoada nun tarro de marmelada. Sosuke rescátaa e ponlle un nome, Ponyo, ao tempo que promete coidar dela. Xorde entre eles unha gran afinidade e fascinación, pero o pai de Ponyo, Fujimoto, obrígaa a regresar con el ás profundidades do mar. Mais Ponyo quere ser humana! Fujimoto, que noutro tempo foi humano e agora é un feiticeiro que vive no océano, oponse totalmente a esta idea, mais Ponyo escapa porque está decidida a se converter nunha nena e regresar con Sosuke. Desátase o caos. As augas axítanse. As irmás de Ponyo transfórmanse en enormes maremotos. A loucura do mundo mariño envolve a vila de Sosuke, que se somerxe baixo as ondas...
Hayao Miyazaki estrea esta película, versión moi persoal d' A Sereíña de Hans Christian Andersen, no Festival de Venecia 2008. Ponyo en el acantilado supón por parte do autor un regreso a un cine de esencia máis infantil, na liña de Mi vecino Totoro, clásico aclamado como unha das obras mestras do director, e é tamén un regreso á animación tradicional onde se empregaron máis de 160.000 debuxos realizados a man cuxo resultado é un poema visual cheo de forza e movemento. O autor de El castillo ambulante e El viaje de Chihiro transpórtanos a unha historia en que a través do mar nos fala da importancia do coidado do medio ambiente, a tolerancia, o respecto polos maiores e o valor da amizade sincera.
Recomendada a partir dos 4 anos