Pezas “Novas miradas, novos espectadores”
IES Fernando Wirtz, IES Mosteirón, IES Monelos
Presentación dos traballos realizados por alumnos de secundaria e bacharelato no marco do proxecto "Novas miradas - Novos espectadores".
Na cuarta edición deste proxecto, que busca achegar aos mozos a un cine entendido como feito artístico, se deu un paso máis vinculando as proxeccións de cine na sala do CGAI con prácticas creativas realizadas a través de talleres en tres institutos da cidade.
Conscientes de que as imaxes se producen e reciben sobre todo como produto de consumo é urxente e necesario que os mozos teñan acceso ao cine como arte. Con este fin, elaborouse unha programación que achegua aos alumnos ao cine como creación artística, ás miradas dos cineastas sobre o mundo e á súa forma de traballo. O obxectivo é que os alumnos aprendan a ser espectadores capaces de analizar os procesos creativos e expresivos da arte cinematográfica e, sobre todo, que aprendan a gozar dunha aproximación sensible ao cine, ás súas materias, ás súas formas e ás súas emocións.
Neste contexto alumnos do IES Fernando Wirtz, IES Mosteirón e IES Monelos, realizaron varios talleres vinculados ás proxeccións nos que se introduciron algúns dos procesos esenciais da creación cinematográfica: dende a creación do personaxe á filmación dun plano que poña en xogo os parámetros expresivos do cine.
Os propios alumnos destes tres institutos serán os encargados de presentar estas pezas cos procesos de traballo que seguiron así como responder ás dúbidas que poidan xurdir no coloquio posterior ao pase.
Pezas que se proxectarán:
"O personaxe e as súas emocións"
Traballos de IES Fernando Wirtz, IES Mosteirón, IES Monelos
"Pezas documentais"
IES Fernando Wirtz
"Futuro velado"
IES Fernando Wirtz