Permanent Vacation
Jim Jarmusch. 1980
75'. DCP. Subt. Castelán
Permanent Vacation
(Estados Unidos, 1980)
Dirección e guión: Jim Jarmusch. Fotografía: Tom DiCillo, James A. Lebovitz. Intérpretes: Chris Parker, John Lurie, Richard Boes, Ruth Bolton, Sara Driver. Dur.: 75'.
A ópera prima de Jim Jarmusch, rodada con tan só un orzamento de 15.000 dólares, é unha demostración de como o talento adecuado pode superar uns medios escasos. Allie, o protagonista desta historia, lévanos da man a percorrer a súa particular visión da cidade de Nova York. Personaxes que non se encontran a si mesmos, ambientes fóra de todo prognóstico e situacións que, de tan imposibles, parecen as máis reais, conforman a existencia deste turista vital que se sente como se vivise nunhas "vacacións permanentes".
-
A tradición independente no cine norteamericano (I)
Permanent Vacation
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -
-
-
-