
PARIA
Nicolas Klotz, 2000
125´. Subtítulos en galego. Presentación a cargo de Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval. Entrada gratuíta.
PARIA
(Francia, 2000)
Dirección: Nicolas Klotz. Guión: Elisabeth Perceval. Produción: Nosy Be, ARTE France. Fotografía: Hèléne Louvart. Intérpretes: Cyril Troley, Gérald Thomassin. Duración: 125 minutos.
A noite de Ano Novo do cambio de milenio Víctor e Momo están borrachos e sen un peso, paseando por París. O nervioso piano de Brad Mehldau (a quen Klotz retratara nunha serie de vídeo-monografías) puntúa o camiño azaroso de dous sen futuro, tomados por vagabundos e conducidos a un asilo. Mestura de ficción e non ficción, Klotz retrata as tráxicas feridas do pasado que regresan en forma de exclusión social establecendo unha sorte de humanismo feroz. Premiada no Festival de San Sebastián.