OUTONARTE
Galicieiras, 2010
20´. Presentación a cargo de José Luis Ducid (director), Ánxela Caramés e varios dos artistas participantes. Entrada gratuíta
OUTONARTE
(España, 2010)
Dirección: Galicieiras (Ducid & Lochos). Produción: David Carbalal para o Concello da Coruña. Fotografía: Galicieiras e David Carballal. Duración: 20 minutos.
Documental sobre a Mostra artística Outonarte, comisariada por Nilo Casares e celebrada no mes de outubro de 2009 na cidade da Coruña. Recolle seis performances e intervencións artísticas urbanas realizadas neste marco. Inclúe a artistas como Rute Rosas, Jugo & Pellejo, Escoitar.org, Filipa Guimarães, Familia de Idiotas no tiene TDT máis Mónica Cabo e Con Canto Donaire.