O Nadal de Charlie e outras historias
Jacques-Rémy Girerd, 1998.
50’. Versión francesa con narración en directo na sala. Entrada gratuíta.
O NADAL DE CHARLIE E OUTRAS HISTORIAS
(Francia, 1998)
Dirección e guión: Jacques-Rémy Girerd. Produción: Folimage. Duración: 50 minutos.
Xusto antes do Nadal, nun bosque tranquilo e nevado, cae do ceo unha misteriosa cesta de vimbio. Jacques o carteiro atravesa o bosque e escoita os choros e berros dun neno. O carteiro leva o cativo a un orfanato. Charlie crecerá arroupado polo cariño de Mamá Rose. Premio especial en Annecy e Cartoon d’Or á mellor película de animación. A sesión, narrada en directo polo actor e director teatral Carlos Clemente, está composta tamén polas curtas Diner intime (1996) de Janet Perlman; Le chat d’appartement (1998) de Sarah Roper e La grande migration (1996) de Iouri Tcherenkov.