La Nueva Babilonia
Novyy Vavilon / Новый Вавилон
David Gutman, Yelena Kuzmina, Andrei Kostrichkin, Sofiya Magarill, Arnold Arnold, Sergei Gerasimov, Yevgeni Chervyakov, Pyotr Sobolevsky
- 82 min.
Filme histórico-político que recrea a primeira revolución obreira, a Comuna de París de 1871.
-
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
La Nueva Babilonia
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
La Nueva Babilonia
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Sesión en Minicines Dumas.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
La Nueva Babilonia
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
La Nueva Babilonia
11ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
La Nueva Babilonia
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.
- Ano:1929
- Países de producción: Rusia
- Guión: Grigori Kozintsev, Leonid Trauberg
- Fotografía: Andrei Moskvin
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
Jose Mª Folgar de la Calle
Kozintsev e Trauberg fan un emprego creativo da montaxe; do relato alterno; da composición plástica da imaxe; da iluminación dirixida; da integración dos rótulos no desenvolvemento da acción, cunha doble vertente: ben como contrapunto da acción, ou ben sendo eles mesmos creadores de diferentes direccións argumentais, dos obxectos como protagonistas en certos lugares da historia, seguindo a idea de Pudovkin da utilización cinematográfica máis completa dun mesmo obxecto.
A música é do xove compositor Shostakovitch, quen ideou unha partitura que fuxía da mera ilustración, o que provocou, segundo afirma J.A. Bizet, que fose interpretada moi esporadicamente, polo rexeitamento dos músicos e do público.
Quero rematar estas curtas liñas adicadas ó filme coa traducción do xuício de (...) M. Martin, que subscribo case integramente: "Kozintsev e Trauberg (xunto con Elsenstein) levaron o cinema mudo ó apoxeo da súa perfección linguística: a calidade e a grandeza dos efectos visuais orixinan unha emoción totalmente estética que multiplica a paixón revolucionaria da obra (...)".