
Dreams That Money Can Buy
- 82 min.
Dirección e guión: Hans Richter, coa colaboración de Fernand Léger, Max Ernst, Man Ray, Marcel Duchamp e Alexander Calder. Producción: Peggy Guggenheim e Kenneth McPherson, para Arts of This Century Films. Fotografía: Arnold Eagle. Música: Libby Holman, John Latouche, José White, Paul Bowles, Edgar Varese, Darius Milhaud. Intérpretes: Max Ernst, Julian Levi, Jo Maison, Fernand Leger, Jack Bittner, Louis Applebaum, David Diamond.
Títulos dos episodios: "The Girl with the Prefabricated Heart" (Fernand Léger); "Desire" (Max Ernst); "Ballet" e "Circus" (Alexander Calder); "Narcissus" (Hans Richter); "Nu descendant un escalier" (Marcel Duchamp) e "Ruth, Roses and Revolver" (Man Ray).
-
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
Dreams That Money Can Buy
Versión lingüística:VOFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
Dreams That Money Can Buy
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
Dreams That Money Can Buy
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
Dreams That Money Can Buy
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
Dreams That Money Can Buy
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm.
- Ano:19847
- Países de producción: Estados Unidos
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
Miguel Anxo Fernández
Un filme revolucionario, Soños que o dineiro pode mercar, polémico, estraño, que para George Sadoul "foi a posta en escena de experiencias antigas, pero nunca a anovación dun xénero desaparecido". A xuício do prestixioso historiador francés, o filme de Richter "limitouse a repetir temas e asuntos plásticos vellos de vinte anos e máis". A polémica levantada pola película aínda segue viva e toma diferente corpo segundo sexa a óptica coa que se afronte a análise. En todo caso, hai unanimidade en manifestar que foi a derradeira grande obra vangardista dos anos trinta, algo semellante a unha testemuña ou a unha síntese, que aínda esperta admiración e curiosidade. (...)
A estrutura do filme é explícita. Arranca na rúa das axencias matrimoniais, nas que as manequíns de cera, vestidas de noivas, dan a imaxe dunha vooda standard e tópica. Segue logo o episodio da frustración sexual, na que tanto o xurdimento das imaxes autoritarias molestando sen parar ós amantes, como o título, Water, no que repiten as pantasmas que orixinan as impotencias edípicas. Logo, a paréntese abstracta dos "móbiles" de Calder; e o Sketch Narcise, poema visual e sinfónico sobre o conflicto psíquico das dobles identidades e do doble "eu". Prodúcese unha nova paréntese e sae Marcel Duchamp lembrando algunhas das súas experiencias pasadas, superpón o seu cadro "Desnudo descendendo unha escaleira". discos ópticos, espirais de cores, círculos en roto-releve. E remata con Ruth, Roses and Revolvers, parodia do cine, ó xeito dun discurso sobre a escasa credibilidade da ficción.
Soños que o diñeiro pode mercar dá un conxunto heteroxéneo e variado, como os propios mundos visuais dos autores escollidos para a escenificación de Richter.