2ª sesión cine de vangardas
- 84 min.
SYMPHONIE DIAGONALE (Sinfonía diagonal) Alemania, 1921-1924.Dirección: Viking Eggeling
BALLET MECANIQUE (Ballet mecánico). Francia, 1924. Dirección, producción e guión: Fernand Léger. Fotografía e montaxe: Dudley Murphy. Música: George Antheil. Intérpretes: Katherine Murphy, Kiki de Montparnasse, Dudley Murphy.
ANEMIC CINEMA Francia, 1926. Dirección e producción: Marcel Duchamp. Fotografta: Man Ray.
RETOUR A LA RAISON (Retorno á razón) Francia, 1923. Dirección, producción, fotografía e montaxe: Man Ray.
EMAK BAKIA Francia, 1926. Dirección: Man Ray. Producción: Arthur Wheeler. Fotografía: Man Ray e J.A. Boiffard. Intérpretes: Kiki de Montparnasse, Jacques Rigaut, Rose Wheeler.
L'ETOILE DE MER (A estrela de mar). Francia, 1928. Dirección e producción: Man Ray. Argumento: Robert Desnos. Fotografta: Man Ray e J.A. Boiffard. Intérpretes: Kiki de Montpamasse, André de la Rivière, Robert Desnos.
LES MYSTERES DU CHATEAU DE DÉ (Os misterios do castelo de Dé). Francia, 1929. Dirección e guión: Man Ray. Producción: Vizconde de Noailles. Fotografia: Man Ray e J.A. Boiffard. Intérpretes: Man Ray, J.A. Boiffard, Georges Auric, Conde de Beaumont, Marie-Laure Noailles, Marcel Raval.
-
Cine de vangardas: 1915-1947
2ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
2ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
2ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
2ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
2ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
2ª sesión cine de vangardas
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
- Ano:1921-1929
- Países de producción: Alemania, Francia
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
Alberte Pagán
Sinfonía diagonal é a única película acabada do pintor sueco Viking Eggeling, realizada en Berlín entre 1921 e 1924, despois de ter colaborado con Hans Richter, e estreada na mesma cidade o tres de maio de 1925. Eggeling morrería dúas semanas despois da estrea. A cinta desenvolve ó longo de preto de oito minutos a animación dunhas formas abstractas brancas sobre fondo negro. Esta serie de figuras (ou mesma figura en movemento) aparece no centro da pantalla, e non existe movemento a través do fotograma, como tampoco variación no seu tamaño. Estes factores, unidos ó ritmo lento, favorecen a perfecta asimilación da animación por parte da audiencia. Eggeling avogaba por unha linguaxe constituída por elementos básicos e simples, e a súa película, nacida das súas preocupacións pictóricas, é xa un exemplo de clasicismo no cinema. (...)
Como Eggeling, Femand Léger foi outro pintor que se interesou polo cinema e criou unha única película (se nos esquecemos da súa colaboración nun dos episodios de Dreams that Money Can Buy, de Richter). E como o pintor sueco, a súa maior preocupación era acadar un ritmo visual na pantalla, aínda que por outro métodos: no seu Ballet Mécanique xurde o ritmo ben polo novemento dentro do cadro, ben (e primordialmente) polo propio cambio de imaxe. Este último tipo de montaxe sería retomado por cineastas como Vertov, Eisenstein ou Abel Gance. (....) Ballet Mécanique consta de planos tomados da realidade, de animación de triángulos e cadrados, de animación de elementos figurativos (como as pernas dun manequín) e de planos onde a realidade se abstrae completamente. É unha película moi rica, onde non hai unha proposta unitaria coherente, pero na que se apuntan moitas posibilidades para o novo medio. A meticulosa medición da lonxitude dos planos, fotograma a fotograma, e a introducción por primeira vez de planos negros, a efectos de ritmo, constitúen un precedente da obra do austríaco Peter Kubelka, de quen Arnulf Rainer (1960) é unha composición matemática de fotogramas brancos e fotogramas negros.
(...) Anémic Cinéma ('anémic" sendo un anagrama de "cinéma") foi froito da colaboración de Marcel Duchamp con Man Ray, e é un exemplo de como preocupacións moi diferentes dan ás veces resultados semellantes. Duchamp nunca considerou esta película como unha obra cinematográfica; sen embargo, esta cinta, xunto con outras deste período, parte dunha serie de preocupacións estéticas que aínda hoxe están dando os seus froitos. No seu aspecto máis simplista, Anémic Cinéma é unha demostración óptica: dez discos xiratorios formados por círculos non concéntricos que semellan espirais en tres dimensións, iniciando a andadura do cinema perceptivo que culminaría con The Flicker (1966), de Tony Conrad.
(...) Man Ray ("Home Raio"), estadounidense afincado en París, inicia a súa obra cinematográfica cunha película solidamente dadaísta, Retour à la Raison, ironicamente estreada no famoso serán do "corazón barbudo", en 1923, que marcou a morte oficial de Dadá e o triunfo do surrealismo. (...) Con Emak Bakia, Ray comeza o seu distanciamento dos postulados estéticos dadaístas, malia certos puntos en común con Retour à la Raison, e de retoma-lo "efecto bucle" de Ballet Mécanique (neste caso, é un par de pernas saíndo dun coche o que se repite). A estrela de mar é a transposición a imaxes dun poema de Robert Desnos, e Os misterios do castelo de Dé é xa unha narración surrealista que se achega á obra de Buñuel ou de Dulac.