Desmontaxe: Film, vídeo/apropiación, reciclaxe
Del 27 de mayo de 1993 al 8 de junio de 1993
O ciclo de películas e vídeos agrupados baixo o título "Desmontaxe: Film, vídeo/apropiación, reciclaxe" revela o protagonismo das artes audiovisuais no amplo campo do apropiacionismo e reciclaxe. Na década dos 80 proliferaron as análises sobre o sentido da utilización de materiais preexistentes, pero cabe outra perspectiva que enriqueza unha forma peculiar do proceso creativo que, partindo do fío común da imaxe en movemento, percorra experiencias realizadas ao longo do século. O conxunto é tan complexo como suxestivo. A diversidade de soportes, e a relación destes con outras linguaxes artísticas, abre camiños de investigación. O armazón de conceptos e prácticas debuxa un mapa tupido de liñas cruzadas. Detrás da selección de setenta obras hai un labor notable, diante está o efecto de presentar as probas suficientes para a reflexión. A imaxe fílmica e electrónica sitúase no centro dos interrogantes sobre a autoría, a propiedade, os medios de comunicación de masas e as posibilidades de crítica radical. Desmontar os mecanismos de manipulación coas mesmas ferramentas que se levanta a ficción é necesario. As fórmulas para conseguilo son variadas e teñen tradición. Desde a hilaridade que pretende Jardiel Poncela, ata o choque, o scratch vídeo, o cuestionamiento sobre o "dado" serviu para darlle a volta ás convencións. Ao repasar a variada mostra que propón Eugeni Bonet conectamos coa vontade científica do arqueólogo, o espírito aberto do dialogante e o saudable empeño desintoxicador do ecoloxismo.