Die Distanz zwischen mir und meinen Verlusten
- 10 min.
O título do vídeo de Marcel Odenbach Die Distanz zwischen mir und meinen Verlusten (A distancia entre o que perdín e eu) permite intuír os significados escondidos tras unha enigmática colaxe de imaxes de diferentes procedencias, tanto gravadas polo artista como de arquivo –pornografía homosexual, películas de xénero bélico, etc.–, manipuladas e fragmentadas para construír un relato sobre a identidade e a memoria. Odenbach emprega unha técnica formal de distanciamento: cobre a pantalla con bandas negras horizontais e verticais que só permiten ver detalles parciais; a imaxe completa é así escamoteada ao público. Isto converte ao espectador nun voyeur incapaz de realizar unha lectura literal e completa da imaxe, unha experiencia que esperta de forma activa desexos, soños e visións, un mecanismo que axuda a completar a configuración do significado da obra. O forte contraste entre estas imaxes e a banda sonora, formada pola combinación de fragmentos da ópera romántica de Schubert, Der Erlkönig, e cancións funerarias procedentes de Burundi, envolve a obra dun carácter fantasmagórico e politextual. O conxunto, creación de considerable complexidade, tenta apelar ao subconsciente humano desde diversas perspectivas que se xustapoñen. (Lola Hinojosa, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía)
-
Tres miradas sobre o imaxinario fílmico
History and Memory: For Akiko and Takashige
Die Distanz zwischen mir und meinen Verlusten
Belchite/South Bronx: A Trans-Cultural and Trans-Historical Landscape
Versión lingüística:VOFormato:VídeoHistoria e memoria
- Ano:1991
- Países de producción: Alemania