Teleiugoslavia. As televisións en guerra
- 60 min.
A guerra na antiga lugoslavia desenvólvese nun país, nuns países, de alto nivel cultural e unha sólida tradición no audiovisual. Agora, todo o potencial creativo que deu lugar ó magnífico cine iugoslavo ou á escola de animación de Zágreb emprégase para a finalidade da guerra ou da paz. Esta é, virtualmente, a primeira guerra verdadeiramente televisada. As imaxes que nós recibimos diariamente do conflicto móstranse alí a miúdo en directo, e as últimas técnicas e formatos do audiovisual (como o videoclip, o talk-show, o reality-show, a cortinilla, o programa infantil) empréganse alí constantemente para a propaganda política, a protesta ou a guerra psicolóxica.
Teleiugoslavia é unha mostra de materiais absolutamente inéditos procedente das distintas televisións da antiga lugoslavia (HTV, TVSA, TVS...), nos que se reflexa esta variante inesperada da modernidade audiovisual.
Seleccionados e presentados polo escritor e xornalista Miguel-Anxo Murado.
- Ano:1993
- Países de producción: Bosnia Herzegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia, Montenegro, Serbia