Skriváncí ticho (O silencio da laverca)
Ladislav Frei, Petr Cepek, lána Fisherova, Jirí Pleskot
- 98 min.
Un famoso compositor, Joset Chála, sofre unha crise de identidade polo exceso de traballo, poñendo en dúbida a validez das súas composicións. Para recupera-la paz interior, decide voltar á súa vila natal.
-
-
Cine checo dos 80 Auditorio da Universidade
Skriváncí ticho (O silencio da laverca)
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.
- Ano:1989
- Países de producción: República Checa
- Guión: Antonín Mása
- Fotografía: Richard Valenta
Notas sobre o programa
Trátase dunha historia lírico-psicolóxica na que un famoso compositor, Josef Chála, sofre unha crise de identidade polo exceso de traballo, poñendo en dúbida a validez das súas composicións. Para recupera-la paz interior, decide voltar á súa vila natal. Sen embargo, cando regresa alí, atópase cunha situación que, paradoxalmente, perturba aínda máis a súa alma xa que as desmesuradas construccións e unhas intervencións urbanísticas pouco afortunadas deterioraron a entrañabilidade da súa vila. Pero o que máis lle afecta é que un dos principais responsables da desfeita foi o seu propio irmán, Vasek, burócrata local do Partido. Vasek é tan testalán coma o seu irmán, coa diferencia de que amais dubida de si mesmo. Os dous irmáns enfróntanse a causa das opinións contrapostas ata o extremo de que Vasek agride fisicamente a Josef, polo que este decide marchar. O conflicto entre os irmáns é seguido polo secretario local do Partido quen non garda silencio e os díxome-díxome comezan a se estender entre os habitantes, poñendo en dúbida a autoridade moral de Vasek. Nun intento de garda-las aparencias, Vasek declara publicamente que o seu irmán está de acordo con el e que vai compoñer unha polca para que a banda local a interprete na inauguración dun novo edificio no que, segundo el, Josef mesmo vai participar como traballador voluntario. Persuadido polo seu pai, Josef volve á vila, acompañado agora pola súa noiva Irene, quen intenta mediar entre os dous irmáns. O compositor resístese a seguirlle o xogo ó especulador ata que, finalmente, acepta a encomenda da polca coa condición de que o seu irmán recupere ó seu estado orixinal un bosque que hai tempo ordenara cubrir de cemento. Josef cumpre a súa parte da promesa pero Vasek non, polo que o músico se sinte profundamente indignado. A súa preocupación transfórmase nun fondo sentimento de cul-pabilidade ó ver que, en contra da súa vontade, axudou ó seu insensato irmán nas súas falcatruadas. Esta desorde de sentimentos mesmo chega a afectar á súa relación con Irene.