A época muda do cine de animación
- 80 min.
Gertie the dinosaur (Winsor McCay, 1909). Bum victory (John Randolph Bray, 1916). Dud the circus performer (John Randolph Bray, 1919). The chinese honeymoon (John Randolph Bray, 1920). The awful spook (John Randolph Bray, 1921). The bull fighter (Charles Bowers, 1921). The flying house (Winsor McCay, 1921). The pet (Winsor McCay, 1921). Alice in the jungle (Walt Disney, 1925). Koko's earth control (Max e Dave Fleischer, 1926). Felix in Futuritzy (Pat Sullivan, 1928). Buried treasure (anónima, 1922)
-
Grandes mestres da animación
A época muda do cine de animación
Versión lingüística:MudaFormato:16mm. -
Grandes mestres da animación
A época muda do cine de animación
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.
- Ano:1909-1922
- Países de producción: Estados Unidos
A época muda do cine de animación
Ignacio Benedeti Corzo
Unha atractiva discípula de Onán consolándose cun dildo e, acto seguido, a visión dunha tellatio non son precisamente o tipo de imaxes que se agarda atopar nunha película de debuxos anima-dos, especialmente se esta foi filmada hai uns setenta anos. Todo entusiasta do cine sabe que certas produccións de imaxe real con secuencias de sexo máis ou menos explícito, ou mesmo de carácter marcadamente pornográfico, foron cousa senón común, si desde logo non infrecuente, desde os albores do cine e moi especialmente durante a década dos vinte. A maior parte destes traballos, cun interese hoxe máis histórico que artístico, eran distribuídos de forma paralela e exhibidos ilegalmente. Pero a existencia de material deste tipo en debuxos animados é algo que é descoñecido mesmo por pseudoestudiosos do cine, aparentemente acreditados, que en sesudos, pero inexactos, escritos se atreven a asegurar que ata a chegada de Fritz the cat o mundo dos debuxos animados tiña permanecido virxinal e inmaculado. Por todo o anteriormente exposto, a proxección dun cartoon X rodado nos anos vinte, Buried treasure, constitúe un fito cinéfilo de primeira magnitude.
Outra película, non menos importante, aínda que desde logo máis coñecida, é a que abre a sesión: Gertie the dinosaur (1909), da que repetidamente se ten escrito, erroneamente, que é o primeiro cartoon da Historia do Cine. En calqueira caso, Gertie, creado polo escocés Winsor McCay, ten a súa praza garantizada na Historia ó ser o primeiro personaxe animado protagonista dunha serie e, tamén, o primeiro que contou cunha amplia aceptación popular.
A proxección prosegue con Bum victory (1916), da serie «Jerry on the job», e Dud the circus performer (1919), cartoons de John Randolph Bray producidos polo mítico magnate da prensa William Randolph Hearts. O traballo de Bray, de quen se ten dito que foi o Henry Ford da animación, máis que como animador ou productor, é interesante como inventor. Os seus descubrimentos, patentados, permitiron, por exemplo, debuxar os personaxes en «cels» (follas de celuloide transparente), separados dos fondos, así como aplicar distintos tonos de gris.
A sesión continúa con The chinese honeymoon (1920) e The awful spook (1921), cartoons protagonizados polo Krazy Kat e o Ignatz Mouse producidos por Bray xa no seu propio estudio. Outra popular parella dos comics dos periódicos que chegou á pantalla de prata con moi boa acollida foi a de Mut e Jeff, de Bud Fisher, da cal proxectaremos The bull fighter (1921), de Charles Bowers. Recén comezada a década dos vinte se Bray era coñecido, en xeral, por sacrificar a calidade en beneficio da cantidade, o pioneiro Winsor McCay érao xusto polo contrario. A perspectiva e o detalle anatómico son fundamentais en tódolos traballos post-Gertie de McCay, algo que se pode comprobar nas dúas produccións da serie «Dreams of a rarebit fiend» das que disfrutaremos de seguido: The flying house e The pet, ambas de 1921. Nengunha sesión consagrada ós albores do cine de animación está completa sen ningún traballo dun dos homes fundamentais no desenvolvemento do medio: Walt Disney e os irmáns Max e Dave Fleischer. De Disney pasaremos un cartoon da serie Alice, Alice in the jungle (1925) animado por tres soves que anos despois brilarian con luz propia: Iwerks, Harman e Ising. Dos Fleischer visionaremos unha obra mestra do cine de animación mudo: Koko's earth control (1928).
Un dos máis populares personaxes do cine de animación mudo foi o Gato Félix, de Pat Sullivan, pero a sua estrela declinaria ata extinguirse co advenimento do cine sonoro. Felix in Futuritzy (1928), unha das postreras aparicions mudas de Félix, é a penúltima curtametraxe do programa de hoxe.
A sesión conclúe coa xa referida xema cinéfila Buried treasure (1922). Moito tense falado nas reunións de coleccionistas de películas sobre a autoria deste sorprendente traballo, Uns conxeturan que se trata dunha obra dos Fleischer, outros que de Bray. Persoalmente, tanto polo tipo de debuxo como polo feito de que Bray e os Fleischer traballaban moitas veces coas suas esposas no Estudio (e as honestas nais de familia desa época serian pouco proclives a ter algo que ver con rodaxes desta índole), inclinámonos a pensar que esta obra anónima foi animada ou dirixida por Charles Bowders, o principal responsable dos cartoons «Mut & Jeff», de Bud Fisher. En calquera caso, o que é seguro é que detrás de Buried treasure non se atopa Walt Disney