Cielo negro
Susana Canales, Fernando Rey, Luis Prendes, Inés Pérez Indarte
- 90 min.
Emilia, unha humilde empregada dunha casa de modas, toma prestado sen permiso un vestido para ir á verbena co home que ama en segredo, Ricardo Fortún.
- Ano:1951
- Países de producción: España
- Guión: Manuel Mur Oti, Antonio González Álvarez
- Fotografía: Manuel Berenguer
Comentario polo centenario do cine. Ciclo Huellas de luz.
Julio Pérez Perucha
Adaptando un relato corto do socialista Antonio Zozaya, o ex combatente republicano Manuel Mur Oti ilústranos no moi sombrío Cielo Negro sobre as circunstancias que, nunha hostil e insolidaria cidade, conducen a unha xove traballadora cara á súa irremesible aniquilación. E o fai tanto utilizando os poderes do melodrama como servíndose das anotacións costumistas que irrigan o substrato realista do sainete. O melodrama enmarca, en efecto, o comezo e a resolución do relato, de maneira que xa o primeiro plano do film conterá unha aseveración dramática que o desenvolvemento da narración se encargará de xustificar ata a súa desembocadura no tráxico e inevitable final do personaxe. Tal aseveración, fundamentada en términos visuais, vainos propoñer unha paisaxe urbana a través do encadre dunha fiestra cun marco no que unha gaiola mantén encerrado a un paxaro; pero a perspectiva desa fiestra (e do paxaro engaiolado) vese diagonalmente obstaculizada por un monumental viaducto, e cando un discreto movemento de retroceso da cámara sinale que nos atopamos ante un punto de vista subxectivo saberemos que o personaxe a quen corresponde tal punto de vista non poderá disfrutar de saída algunha á súa, se cadra amarga, problemática e que o viaducto que obstaculiza a súa mirada non será outra cousa que a condensación emblemática da súa, real ou simbólica, futura morte (...).