Sinais de vídeo: aspectos da videocreación española dos últimos anos
Del 26 de enero de 1996 al 24 de febrero de 1996
A mostra que motiva este texto recolle 40 obras de 34 autores (que son en realidade uns cantos máis, xa que algunhas obras traen máis dunha firma consigo), realizadas desde 1988 e abarcando mesmo algunhas recén terminadas nos primeiros meses de 1995, coas que se pretende ofrecer unha visión / revisión do vídeo español nos últimos anos, a través de 9 programas cun certo tema ou motivo unitario. Tal como suxire o subtítulo que comparte mostra e publicación, do vídeo diversamente chamado de creación, videoarte, independente, de autor...; o que en adiante darei por sobreentendido, pois se cinome non fai a cousa, aínda están de máis os apelidos.
O ano 1988 tomouse como punto de partida, considerando o antecedente doutra retrospectiva «maior», La imagen sublime. Video de creación en España 1970/1987, presentada no Centro de Arte Reina Sofia de outubro a decembro de 1987. ¡Aínda que nona só ese o criterio polo que 1988 se considerou unha data de arranque apropiada, senón que, en diversos aspectos, aquela mostra anterior vén coincidir co momento culminante dunha fase de entusiasmo en canto ó descubrimento e exploración dun aínda «novo» medio, preludiando á súa vez unha sucesiva inflexión, non precisamente feliz en tódolos seus diversos detalles, que se dilata ata o momento presente das prácticas e actividades videográficas na nosa xeografía). Para concluír, por agora, con cifras e datos, engadirei que no catálogo da mencionada mostra se reseñaban 43 obras de 39 autores -sempre contando como unidade os diversos tándems ou grupos-, aínda que algunhas pezas «históricas» non chegaron realmente a programarse, por problemas de conservación e recuperación dalgunhas obras datadas nos anos 70 e que permañecían (é un dicir) nos seus obsoletos soportes orixinais.
Así pois, da comparación aritmética entre os contidos dunha e outra mostra, podería desprenderse que Sinais de vídeo segue a tónica daquela precedente retrospectiva, salvando a lóxica disparidade de criterios dos seus distintos comisarios e, afortunadamente, coa vantaxe engadida de que hoxe hai moita máis producción entre a que escoller que naquel, non tan lonxano, entón; en termos de calidade e solidez media, se non nos cuantitativos. Ou así o cre un.
Eugeni Bonet (da introducción ó catálogo Señales de vídeo. Aspectos de la videocreación española de los últimos años)