Calle Mayor
Betsy Blair, José Suárez, Yves Masard, Luis Peña
- 99 min.
Unha capital de provincias na Castilla dos anos 50. Un grupo de amigos decide establecer unha aposta: un deles deberá seducir á solteirona oficial da cidade.
- Ano:1956
- Países de producción: España
- Guión: Juan Antonio Bardem (Teatro: Carlos Arniches)
- Fotografía: Michel Kelber
Comentario polo centenario do cine. Ciclo Huellas de luz.
Juan Miguel Company Ramón
En Calle Mayor, Bardem fai unha lectura ideolóxica de La señorita de Trevélez (1916), a peza teatral de Arniches, desproveéndoa de todo o seu entramado grotesco e os seus cómicos enredos coa linguaxe. Ampliando, en certa medida, os contidos do terceiro acto -desenlace dramático dunha farsa cómica con ardente soflama a prol da culfura como lenitivo dos males do ocio nos casinos provincianos, posta en boca dun individuo algo máis ilustrado cós seus contertulios-, Bardem subliña, valéndose dun personaxe chegado do exterior, o salutifero verdade, ainda que esta sexa dolorosa, fronte as supostamente xocosas mentiras dos señoritos do casino. Pero se aquel é o típico personaxe soporte, ubicado na ficción como megátono amplificador do discurso do narrador, Isabel -a solteirona engañada da fábula- revélase como un dos personaxes máis vivos, tenros e patéticos da filmografía do realizador. E iso é así non só pola sensible recreación que do mesmo fai Betsy Blair, senon por todo o que conleva de penetrante observación da condición feminina no entorno dunha abafante cidade de provincias e os seus castradores rituais. Heroina antirromántica onde as haxa, Isabel só aspira a ver realizado o seu trasmitido ideario doméstico de esposa e nai, vendo satisfeito así o ceremonial que a emparenta -como se di no film- coa prostituta: a espera do home. E se cadra o modelo reducido do seu itinerario na narración sexa a exemplar secuencia do salón de baile do casino onde todo un entorno de ilusión e omorosas expectalivas se tronsmuta, finalmente -unha vez coñecida a amarga verdad en agresión, arroxando á protagonista a esa rúa Mayor baixo a chuvia, cunha tristeza irremediable que impregna o derradeiro plano do film.