Don Quintín el amargao
Ana María Custodio, Alfonso Muñoz, Luisita Esteso, Fernando Granada
- 88 min.
No Madrid castizo, Don Quintín, un celoso case patolóxico, descobre a súa muller cun vello amigo retornado de América nunha actitude que el xulga equívoca. Furioso, bótaa da casa. A muller abandonada dá a luz a unha filla.
-
Luis Buñuel, 100 años
Don Quintín el amargao
España 1936 - España leal en armas
Versión lingüística:VOFormato:35mm. -
Cero en conducta. Seminarios e talleres de imaxe
Don Quintín el amargao
Versión lingüística:VOFormato:35mm.
- Ano:1935
- Países de producción: España
- Guión: Eduardo Ugarte, Luis Buñuel (Obra: Carlos Arniches, Antonio Estremera)
- Fotografía: José María Beltrán
A propósito de Don Quintín el amargao
Julio Pérez Perucha
Certa bibliografía historiográfica española a partir de Aranda (Luis Buñuel, biografía crítica, Lumen, 1970) sostén que a verdadeira paternidade de Don Quintín el amargao debe atribuírselle a Buñuel. Sen entrar agora, non é o lugar indicado, a discutir tal afirmación, ó meu entender producto dunha excesiva lixeireza, o certo é que na primeira producción de «Filmófono» o peso de Buñuel non se pode desdeñar, nin na súa calidade de cofinanciador da empresa productora, nin no seu traballo de productor executivo, nin na súa labor de coguionista, con Eduardo Ugarte, do sainete de Arniches e Estremera. Pero de aí a deducir de forma mecánica que no «plateau» Marquina limitábase a facer, cal «negro» apático, o que Buñuel, oculto tras unha corti-na, lle indicaba susurrante, hai unha tal distancia que quen desexe iniciar esa travesía debera proveerse de maior prudencia e dun salvavidas. Na época sabíase, e, contrariamente ó afirmado por Aranda, ata se publicaba, que no «plateau» onde se rodaba o film era frecuente atopar a un supervisor para «asesorar» a Marquina sobre calquera problema derivado da realización da película (véase La voz do 5 de outubro de 1935). Pero tamén se sabía que composición, actores, ritmo interno do plano, etc., eran responsabilidade de Marquina e que o seu traballo desenvolvíase a enteira satisfacción de Buñuel, quen non debeu sofocarse en exceso supervisando a un realizador que levaba máis de ano e medio frecuentando «plateaus» e participando como técnico de son na rodaxe de sete películas.
Julio Pérez Perucha, «El cinema de Luis Marquina (28 Semana Internacional de Cine de Valladolid, 1983) pags. 26-27