La novia de Frankenstein
The Bride of Frankenstein
Boris Karloff, Colin Clive, Valerie Hobson, Elsa Lanchester, Ernest Thesiger
- 67 min.
Secuela de 'O doutor Frankenstein' na que se afonda na 'humanidade' do monstro e se lle dota dunha moza.
-
O terror clásico da Universal
El doctor Frankenstein
La novia de Frankenstein
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
O terror clásico da Universal Salón Teatro
La novia de Frankenstein
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Secundarios e antagonistas de Hollywood
La novia de Frankenstein
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Elsa Lanchaster en...
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
La novia de Frankenstein
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Eva Lanchaster en...
- Ano:1935
- Países de producción: Estados Unidos
- Guión: John L. Balderston, William Hurlbut
- Fotografía: John J. Mescall
En Nosferatu n° 20, «Secundarios y antagonistas del Hollywood Clásico»
Ricardo Aldarondo
Catro anos despois de convertir Frankenstein (1931) nun enorme éxito de taquilla e nun dos grandes mitos do cine de terror, James Whale enfrontouse á obriga de acometer unha secuela. Apagou a rutina de contado ó empeñarse en convertir o retorno do monstruo nun campo sementado de ideas moi persoais, desde o tratamento xenérico ata a insólita estética, para superar ampliamente á película inicial e facer de The Bride of Frankenstein un achado visual continuo que non entorpece en absoluto a veloz e sintetizada acción. (...) Entre os contrastes inesperados que engrandecen The Bride of Frankenstein está a violencia e a troxedia das primeiras escenas, co resurxir do monstruo desde os pozos do muíño e os seus primeiros asasinatos, combinada coa comicidade dalgúns dos espléndidos personaxes que Whale potenciou.
(...) A intervención de Elsa Lanchester tamén ten o seu grao de humor: fai un dobre papel (así o quixo Whale), como a escritora Shelley no prólogo e como a noiva de Frankenstein (nos créditos aparece cun interrogante) que cobra vida só nos minutos finais da película, tras ese emocionante proceso, nun escenario repleto de artiluxios mecánicos e electrónicos, que culmina coa captura a través das cometas da eletricidade do ceo, o raio divino. Aparece así a noiva co seu extravagante «peinado eletrostático» e os seus tensos movementos felinos, unha caracterización que costaba á actriz catro horas diarias de preparación. Lanchester, principio e fin, engloba a película con dúas breves pero decisivas intervencións. Ainda que o seu marido, o irónico actor Charles Laughton, só comentara tras ver a primeira proxección: «¿Non é certo que Elsa ten unhas fermosísimas orellas en forma de cuncha?».