El gabinete del doctor Caligari
Das Cabinet des Dr. Caligari
Werner Krauss, Conrad Veidt, Friedrich Fehér, Lil Dagover, Hans Heinrich von Twardowski
- 71 min.
Un home cóntalle a unha persoa os estraños e terroríficos acontecementos que ocorreron na súa pequena vila cando un hipnotizador de feira presenta a súa arrepiante atracción: o sonámbulo Cesare. Copia restaurada.
-
Expresionismo: cine fantástico e de terror alemán (1919-1927)
El gabinete del doctor Caligari
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947
El gabinete del doctor Caligari
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
El gabinete del doctor Caligari
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
El gabinete del doctor Caligari
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
El gabinete del doctor Caligari
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
El gabinete del doctor Caligari
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Rótulos en alemán.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
El gabinete del doctor Caligari
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en alemán.
- Ano:1920
- Países de producción: Alemania
- Guión: Carl Mayer, Hans Janowitz
- Fotografía: Willy Hameister
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
Xosé Nogueira
O gabinete do doutor Caligari inaugura (...) en 1919 o cinema expresionista. Interpretado desde múltiples puntos de vista ó longo dos anos, este filme constitúe a incorporación de innovacións pictóricas, teatrais e literarias inscritas nunha linguaxe de vangarda a un medio a penas nacido como é o cine. Constitúe, asi mesmo, a plasmación das principais claves expresionistas, que pasaban pola traducción simbólica - mediante liñas, formas e volumes - da mentalidade dos personaxes, do seu estado de ánimo e mesmo da súa intencionalidade. Neste sentido, dous elementos xogarán un papel fundamental: a estructura tripartita da narración (consagrando para o cinema o triple esquema de prólogo-núcleo/desenvolvemento-epilogo) e os elementos plásticos, ós que atopamos nunha total fusión á vez que son potenciados ó máximo. (...)
A iluminación expresionista baséase no choque entre luz e tebras. Dado que para os expresionistas tódolos elementos e obxectos adquirían vida dun xeito antropomórfico, a luz será o medio de mostrar esa realidade. Hai que dicir, non obstante, que as condicións de rodaxe do filme que nos ocupa, marcadas pola escasez de medios económicos, influíron decisivamente na súa concepción da luz: as luces e sombras pintadas nos decorados aforraron considerablemente os costes.
Tense sinalado ata a saciedade o especial carácter dos decorados en Caligari. Siegfried Kracauer expresouno de xeito exacto: "Os decorados acadaron unha perfecta transformación dos obxectos materiais en ornamentos emocionais". Daquela, dalgún xeito son a prolongación dos personaxes, creando un universo discordante que acusa o desequilibro mental dos protagonistas, non só nun nivel meramente pictórico, senón que aínda chegan conformar un verdadeiro universo simbólico que suscita "reacións físicas máis ou menos conscientes que orientan o espírito do espectador, ó igual que un simbolismo esotérico" (Mitry).