Eurowestern
Del 23 de octubre de 2002 al 1 de febrero de 2003
Unha ampla retrospectiva que se estenderá ata febreiro de 2003 sobre o xénero (ou subxénero) do eurowestern, unha recreación europea, con características específicas, do seu referente hollywoodense, no que, paradoxalmente, acabaría por influír. Máis alá do que se coñeceu como o spaghetti western dos anos sesenta e setenta, o eurowestern abarca non só as coproduccións entre España e Italia rodadas en Almería, senón tamén produccións británicas, alemanas, francesas ou checas, que se remontan en moitos casos ata os anos do cine mudo. Desde os grandes autores do xénero como Leone, Sollima ou Romero Marchent, ata as produccións baratas dirixidas a nutri-los cines de barrio. De todo isto ofrecerase algún exemplo neste ciclo que se presenta no Festival de Sitges e que comprende tamén a edición dun número especial da revista Nosferatu.
En colaboración con: Donostia Kultura, Filmoteca Vasca, Festival Internacional de Cine de Catalunya-Sitges 2002 e IVAC-La Filmoteca.