Sevilla y Gomorra
Sevilla y Gomorra
Juan Vitalista, Cagnier, Alexis Ivanovich.
- 60 minutos
Sevilla. Uns amigos falan, chancean, beben e reflexionan. A noite en Sevilla, unha festa densa, de rúas frías e laranxas. A visión ebria dun presente atoado. E esa noite que non acaba.
- Ano:2018
- Países de producción: España
- Guión: Ángel Filgueira
- Montaje: Ángel Filgueira
- Productora(s): Ángel Filgueira, Sétima
Sevilla y Gomorra
Ángel Filgueira
Sevilla y Gomorra xorde da miña necesidade de capturalos a eles, eses filósofos bébedos e a súa estraña cidade quente. Tentando rodar un pasado recente mais alleo, volvín durante a rodaxe a mergullarme nunha noite eterna. O tempo dilatábase ou parábase simplemente, para logo despegar con violencia, e descansar despois. E a cámara tornouse a miña distorcida visión e a miña presenza, integrouse no grupo, danzou e vomitou. Foi marabilloso e terrible. Temín pecharme na soidade colectiva. E temín volver a ferver, a espertar cada día sedento da noite. Mais acabou, e todo o material é verdadeiro. Horas e horas de intimidade pública. Foi complicado dar forma e discurso ao caos de palabras, referencias, chacotas e confesións tan particulares. Mais pouco a pouco as imaxes fóronse combinando e construíndo a si mesmas, e xurdía algo maior, máis aló de Sevilla e deses sevillanos: o sentir dunha xeración ou de moitas, un estancamento vital, a partir dun pasado prometedor, nun presente conxelado que non deixa ver ningún futuro máis que o desta noite. E así Sevilla e Gomorra, tras anos de edición cobrou vida. Realmente non sabía se a alguén máis lle interesaría ver e escoitar a eses imbéciles que eran os meus amigos. Mais desde logo a min divertíame, emocionábame e conseguía revolverme coa súa pequena verdade. Posteriormente descubrín que espertaba o interese noutras persoas, que si que había algo entre a sucidade que podería interesar a moitos. E iso pretendo. Que moitos poidan ver e vivir en primeira persoa o que eu vivín e bebín nunha cidade á que cheguei por casualidade.