An Elephant Sitting Still
大象席地而坐 [Da Xing Xi Di Er Zuo]
Zhang Yu, Peng Yuchang, Wang Yuwen, Liu Congxi.
- 230 minutos
Ao norte da China, unha enorme cidade posindustrial está sumida nunha néboa perpetua que atrapa os seus habitantes. Unha mañá, un simple altercado entre dous adolescentes dun instituto vai forxar o destino de catro individuos, vítimas do egoísmo familiar e da violencia social. O único que comparten é a mesma obsesión recorrente: fuxir cara á cidade de Manzhouli, onde seica, un elefante de circo permanece sentado durante horas, inmóbil, impasible, alleo aos problemas do mundo.
- Ano:2018
- Países de producción: China
- Guión: Hu Bo
- Fotografía: Fan Chao
- Montaje: Hu Bo
- Productora(s): Dongchun Films
-
An Elephant Sitting Still
Trailer subtitulado da película
Biografía do director
Capricci Films
Nacido na China en 1988, Hu Bo obtén o diploma de dirección cinematográfica na Academia de Cine de Beixín en 2014. Pola súa curtametraxe Distant Father, concédenlle en 2014 o premio ao mellor director no Golden Koala Chinese Film Festival, e ese mesmo ano Night Runner é nominada ao premio á mellor curtametraxe nos Golden Horse de Taipéi. En 2017 Hu Bo participa nun obradoiro baixo a supervisión de Béla Tarr no Festival Internacional de Cine FIRST en China, durante o cal realizará a curtametraxe A Man in the Well. Hu Bo é tamén autor dun libro de contos, Huge Crack (que precisamente contén o relato «An Elephant Sitting Still»), así como dunha novela, Bullfrog, ambas dúas publicadas en 2017. An Elephant Sitting Still, a súa primeira longametraxe, estréase mundialmente no Fórum da Berlinale en 2018, onde consegue a mención especial á mellor ópera prima e leva o premio FIPRESCI. Non obstante, para daquela Hu Bo xa se suicidara ao pouco de rematar a posprodución da súa longametraxe, en outubro de 2017.