El bosque de Haquivaqui
Dyrene i Hakkebakkeskogen
- 75 min.
O bosque de Haquivaqui é un bo lugar para vivir, mais os animais pequenos están angustiados, abesourando que os máis grandes non os coman. Claus, o rato aduaneiro, e os seus amigos témenlles ao raposo Marvin e a outros depredadores. Porén, o que lles acaba coa paciencia é que un bo día o ourizo Horacio tenta papar a avoa rato. É daquela cando Morten, o ratiño máis sensato, conclúe que chegou o momento de redactar unha nova lei para o bosque. A partir de agora todos os habitantes serán amigos e ninguén poderá comer os demais. Mais Marvin o raposo segue famento…
Adaptación musical dun clásico da cultura escandinava de Thorbjørn Egner que une a tradición das fábulas clásicas e a minuciosidade da técnica de stop motion. Reflexión social en que toda unha comunidade de seres pintorescos que cobizan a paz, tentan resolver os conflitos do mellor modo posible.
- Ano:2016
- Países de producción: Noruega
- Guión: Karsten Fullu, baseado no libro de Thorbjørn Egner
- Fotografía: Janne K. Hansen, Morten Skallerud
- Productora(s): Pedri Animation, Qvisten Animation, Steamheads Studios