Dead Man
Jim Jarmusch, 1995
121'. DCP. Subt. Castelán
Dead Man
(Estados Unidos, Alemaña, Xapón, 1995)
Dirección e guión: Jim Jarmusch. Fotografía: Robby Müller. Intérpretes: Johnny Depp, Crispin Glover, John Hurt, Robert Mitchum, Iggy Pop, Gabriel Byrne, Billy Bob Thornton, Alfred Molina. Dur: 121'.
Western existencialista que revitalizou o xénero nun momento en que xa todo o mundo o daba por morto. Ao cruzalo con referencias literarias propias da literatura posmoderna de nomes como Cormac McCarthy e ao lle dar a volta á representación do indíxena, Jarmusch rompe todos os moldes. Johnny Depp foxe dos cazarrecompensas logo de asasinar a unha persoa nun traballo que sae moi mal. Por aí van circulando todo un elenco de marabillosos intérpretes, co último papel de Robert Mitchum na gran pantalla.
Amais de contar cun papeliño para o seu colega Iggy Pop, as relacións co mundo do rock non terminan aí. Neil Young compuxo a banda sonora improvisando coa súa guitarra eléctrica, mentres lle proxectaban un primeiro corte do filme. Como a película, un libérrimo exercicio de creación.