Vivir en Sevilla
Gonzalo García-Pelayo, 1978
108'. Vídeo. Presentación e coloquio con Álvaro Arroba e Gonzalo García-Pelayo. Entrada de balde.
VIVIR EN SEVILLA
(España, 1978)
Dirección: Gonzalo García-Pelayo. Guión: Miguel Ángel Iglesias, Adrián Vogel, Gonzalo e Javier García-Pelayo. Produción: Za Cine. Fotografía: José Enrique Izquierdo. Intérpretes: Miguel Ángel Iglesias, Ana Bernal, Lola Sordo, Guillermo Méndez. Duración: 108 minutos.
Gonzalo García-Pelayo enlaza por diversos flancos, nunha serie de títulos que se suceden nestes anos, con moitas das preocupacións do momento: a construción dun discurso de identidade emprazado na aparición dunha cultura das nacionalidades (neste caso Andalucía), a posibilidade de empregar usos narrativos máis iconoclastas e unha catártica franqueza sexual. Publicitada como “la película del rollo marginal”.