
Sesión Lois Patiño (2008-2010)
Lois Patiño
75’. Vídeo.
Presentación: Lois Patiño
PAISAJE-DURACIÓN. Río
(España, 2009)
Dirección, produción e fotografía: Lois Patiño. Duración: 4 minutos.
“Ante a visión dunha paisaxe arrebatadora os sentidos quedan alterados. Unha experiencia de sublimación. A alteridade: a paisaxe devólveche a mirada. O espazo real vese distorsionado, o tempo non flúe de igual maneira. A imaxe mental da paisaxe sofre unha metamorfose. O tempo interior detense na nosa consciencia, é a conexión nun intre pleno, onde a imaxe da paisaxe se expande e adquire duración” (Lois Patiño).
PAISAJE-DISTANCIA. Pescadores en el mismo mar
(España, 2010)
Dirección, produción e fotografía: Lois Patiño. Duración: 4 minutos.
“Un observador solitario contemplando a natureza desde a distancia. Esta mirada vai construíndo a paisaxe no seu percorrido, marcando os límites que o separan do resto da contorna. Focaliza a súa atención nos distintos puntos de interese, que destacan como detalles dentro do conxunto. Sen a súa mirada non existiría a paisaxe” (Lois Patiño).
PAISAJE INTERIOR. Día 1. Ribeira Sacra
(España, 2008)
Dirección, produción e fotografía: Lois Patiño. Duración: 30 minutos.
“A procura para realizar unha dobre viaxe. Por un lado, captar a atmosfera do lugar e o que este transmite, e por outro percorrer un camiño introspectivo de autocoñecemento. Para realizar cada vídeo paso un día e unha noite nun espazo determinado, coa única compañía da miña cámara de vídeo. Para estar absolutamente perceptivo ao lugar é imprescindible a soidade. A comunicación directa entre o espazo e a persoa. Coa cámara só intentarei captar a inspiración xurdida deste encontro” (Lois Patiño).
RECORDANDO LOS ROSTROS DE LA MUERTE
(España, 2010)
Dirección, guión, produción e fotografía: Lois Patiño. Duración: 37 minutos.
“Un home morre. Á súa memoria asaltan fragmentos de vida. Na súa agonía todos o conducen á traxedia presente. Un home ao final: inmerso na vertixe de soños sen memoria. Hai memoria febril: morte do soño como pesadelo. As leis do soño (trazan condensación, elaboración, metamorfose): todo se transforma nunha despedida agónica” (Lois Patiño). Premio do público en Documenta Madrid 2010.