
Paulina (La patota)
Santiago Mitre, 2015
103’. DCP. Entrada gratis.
PAULINA / LA PATOTA
(Arxentina, Brasil, Francia, 2015)
Dirección: Santiago Mitre. Guión: Santiago Mitre, Mariano Llinás. Fotografía: Gustavo Biazzi. Intérpretes: Dolores Fonzi, Óscar Martínez, Esteban Lamothe, Cristian Salguero, Walter Casco. Dur.: 103'.
Paulina, unha moza de 28 anos, decide deixar de lado a súa brillante carreira como avogada para se dedicar ao ensino nunha rexión desfavorecida de Arxentina, na fronteira con Paraguai e Brasil. Nun ambiente hostil, entrégase á súa misión pedagóxica por mor do seu compromiso político, aínda que deba perder o seu mozo e enfrontarse ao pai del, un influínte xuíz da zona. Ao pouco de chegar, é violada por un grupo de rapaces e descobre que algúns son alumnos seu. Malia a traumática experiencia e a desconfianza que a rodea, Paulina non abandonará o seu ideal social.