Citizen Kane / Ciudadano Kane
Orson Welles, 1941
119´. DCP. Subt. castelán.
CITIZEN KANE / CIUDADANO KANE
(Estados Unidos, 1941)
Dirección: Orson Welles. Guión: Herman J. Mankiewicz e Orson Welles. Fotografía: Gregg Toland. Produción: R.K.O., Mercury Production. Intérpretes: Orson Welles, Joseph Cotten. Duración: 119 minutos.
Orson Welles dirixe a súa primeira longametraxe e entra con brillante precocidade en Hollywood. Erixe un filme biográfico sobre un magnate da prensa, Charles Foster Kane (inspirado en William Randolph Hearst), que morre no inicio do relato pronunciando unha enigmática última palabra: Rosebud. Que significa? Investigación e recorrido vital viaxan da man nunha narración que a Welles lle permite revolucionar a historia do cine, os seus procedementos e tempos narrativos, o tratamento da imaxe (esa profundidade de campo), converténdose nun filme-faro, emblemático e cheo de achádegos. Oscar ao mellor guión orixinal, un filme montado por Robert Wise e con partitura de Bernard Herrmann.