Charulata
Satyajit Ray,1964
117'. DCP. Subt. galego.
CHARULATA
(India, 1964)
Dirección e guión: Satyajit Ray, sobre o relato Nastenir (O niño roto) de Rabindranath Tagore. Produción: R.D. Bansal & Co. Fotografía: Subrata Mitra. Intérpretes: Madhabi Mukherji, Sumitra Chatterji. Duración: 117 minutos.
O exceso de traballo dun rico editor, Bhupati Dutt, empeñado en sacar adiante un semanario político, fai que descoide a súa esposa, Charulata. A chegada de Amal, un primo de Bhupati aspirante á gloria literaria, esperta a afección oculta de Charulata pola escritura e unha progresiva simpatía mutua. A identidade feminina en sociedades patriarcais poucas veces foi amosada de modo tan contundente e maxistral como aquí, digna compañeira de Lola Montes de Max Ophuls e Vida de Oharu, mujer galante de Mizoguchi, ao tempo que un dos filmes máis xeniais de Satyajit Ray, onde sobresae a adaptación do universo de Tagore e a elaborada composición musical.