El moderno Sherlock Holmes (+Pamplinas y los fantasmas)
Buster Keaton, 1924
72'. DCP. Subt.castelán.
SHERLOCK JR. / EL MODERNO SHERLOCK HOLMES
(Estados Unidos, 1924)
Dirección: Buster Keaton. Guión: Clyde Bruckman, Jean Havez e Joseph Mitchell. Produción: Buster Keaton Productions. Fotografía: Elgin Lessley e Byron Houck. Intérpretes: Buster Keaton, Kathryn McGuire. Duración: 51 minutos.
Un modesto proxeccionista estuda para ser detective. Mentres, a súa moza é desexada por un tipo chulo e miserable. Este prepara unha trampa para o protagonista: o roubo do reloxo do pai da moza. Unha vez caído en desgraza, na cabina de proxección vaise aclarar parte do relato, cando comezan a conviviren realidade e ficción. Xogando con conceptos como a hipnose, o dobre, a analoxía e a dualidade, o onírico ou a metanarración, atopamos un dos filmes máis xustamente famosos de Keaton, unha gozada de enorme riqueza visual. A sesión inclúe a curtametraxe de 21 minutos The Haunted House / Pamplinas y los fantasmas (1921) de Buster Keaton e Eddie Cline.