Nayak / El héroe
Satyajit Ray, 1966
120'. DCP. Subt.galego.
NAYAK / EL HÉROE
(India, 1966)
Dirección e guión: Satyajit Ray. Produción: R.D. Bansal & Co. Fotografía: Subrata Mitra. Intérpretes: Uttam Kumar, Sharmila Tagore. Duración: 120 minutos.
O segundo guión orixinal de Ray conta a historia dun famoso actor de cine bengalí, Arindam Mukherji. Viaxa en tren de Calcuta a Nova Deli para recoller un premio, preocupado polo escaso éxito da súa última película e por un escándalo que teme sexa desvelado. No tren coñece a unha xornalista. Crónica dunha insatisfacción existencial, premio especial no Festival de Berlín en 1966.