El héroe del río (+Pamplinas en el Polo Norte)
Charles F. Reisner, 1928
87'. DCP: Subt.castelán
STEAMBOAT BILL JR. / EL HÉROE DEL RÍO
(Estados Unidos, 1928)
Dirección: Charles F. Reisner. Guión: Carl Harbaugh. Produción: Buster Keaton Productions. Fotografía: Bert Haines e Dev Jennings. Intérpretes: Buster Keaton, Ernest Torrence. Duración: 70 minutos.
Non moi lonxe da maxistral La ley de la hospitalidad, de novo unha disputa entre familias, nesta ocasión localizada no río Mississippi e entre os propietarios de dous barcos. A chegada do fillo dun deles, Willie Canfield, e o amor pola filla do outro, Marion King, fan xurdir o gran conflito. A inventiva e frescura de Keaton elevada ao cubo, unha exaltación de gags (sobre todo no tramo final) nun filme que, entre outras cousas, anticipa constantes posteriores do cine de catástrofes. Acompaña a sesión a curtametraxe de 17 minutos The Frozen North / Pamplinas en el Polo Norte (1922) de Buster Keaton e Eddie Cline, fita surrealista que, sen dúbida, pasou ante os ollos de Buñuel e Dalí.
-
Buster Keaton
El héroe del río (+Pamplinas en el Polo Norte)
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Proxección tamén de The Electric House e Daydreams (1922). Pamplinas en el Polo Norte non forma parte desta sesión, senón doutro ciclo de Keaton en 2014.