El árbol magnético
Isabel Ayguavives, 2013
85'. DCP. Entrada de balde.
EL ÁRBOL MAGNÉTICO
(España-Chile, 2013)
Dirección e guión: Isabel Ayguavives. Produción: Dos Treinta y Cinco Producciones Cinematográficas e Parox. Fotografía: Alberto D. Centeno. Intérpretes: Agustín Silva, Manuela Martelli. Duración: 85 minutos.
Primeira longametraxe de Isabel Ayguavives (Ferrol, 1974), autora de notables curtas e con abundante experiencia na televisión, este filme pasou por San Sebastián 2013. Bruno regresa ao seu país de orixe, Chile, despois dunha longa ausencia. A casa de campo que compartía de cativo coa familia está agora á venda e todos se xuntan para despediren o lugar. Unha visita á "árbore magnética", unha curiosidade local de estrañas propiedades, esperta nel sensacións e afectos case que esquecidos. Finalista do Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe.