La vida por delante
Fernando Fernán-Gómez, 1958.
89'. 35mm.
LA VIDA POR DELANTE (España, 1958) Dirección: Fernando Fernán-Gómez. Guión: Manuel Pilares e Fernando Fernán-Gómez. Produción: Estela Films. Fotografía: Ricardo Torres. Intérpretes: Analía Gadé, Fernando Fernán-Gómez, Pepe Isbert. Duración: 89 minutos. Un mozo, Antonio, lembra parte da súa vida, desde o comezo do seu noivado con Josefina, os esforzos por rematar a carreira universitaria (ela Medicina, el Dereito), o seu accidentado viaxe de mozos e a complicada inserción no traballo. Acabada de casar, a parella instálase na casa dos pais de Antonio ata encontrar un piso económico. Logo dunha serie de oficios, Antonio ten ocasión de exercer como avogado no seu primeiro caso: a defensa da súa propia muller, envolvida nun accidente co seu flamante Biscúter... Un impresionante elenco de actores, os premios do Círculo de Escritores Cinematográficos (mellor película e argumento orixinal) para unha comedia crítica costumista que se converte nunha das primeiras e máis celebradas pezas de Fernando Fernán-Gómez. Un título de vocación popular e cheo de inventiva que reflicte moitos aspectos da vida urbana na España dos anos 50 –a vivenda como cuestión de plena vixencia- nunha narración moi próxima aos modelos literarios e humorísticos de vangarda de Jardiel Poncela ou Mihura, o humor cotián de Wenceslao e o sainete castizo.