
La casa de la lluvia
Antonio Román, 1943.
88'. 35mm.
LA CASA DE LA LLUVIA
(España, 1943)
Dirección: Antonio Román. Guión: Pedro de Juan Pinzones e Antonio Román, con diálogos de Wenceslao Fernández Florez, sobre a novela homónima deste último. Produción: Hércules Films S. A. Fotografía: Enrique Guerner. Intérpretes: Luis Hurtado, Blanca de Silos. Duración: 88 minutos.
Un matrimonio, Fernando e Teresa, vive cunhas modestas rendas nun solitario pazo galego. A visita de dúas persoas para alugaren uns cuartos parece aliviar a amarga situación dos Amil. Mais comezan a xurdir sospeitas, problemas e, aos poucos, revélase un auténtico proceso de namoramento. Melodrama de raíces atmosféricas –chuvia omnipresente- e modélica posta en escena que, de xeito metafórico, cuestiona e presenta aspectos ousados para o momento.