El profesor chiflado
Jerry Lewis, 1963.
107'. DCP. Subt. castelán.
THE NUTTY PROFESSOR / EL PROFESOR CHIFLADO (Estados Unidos, 1963) Dirección: Jerry Lewis. Guión: Jerry Lewis e Bill Richmond, sobre o personaxe doutor Jekyll/señor Hide de Robert Louis Stevenson. Produción: Paramount e Jerry Lewis Enterprises. Fotografía: W. Wallace Kelley. Intérpretes: Jerry Lewis, Stella Stevens. Duración: 107 minutos. Unha das propostas máis coñecidas de Jerry Lewis, a súa particular versión do clásico de Robert Louis Stevenson sobre as vertentes da conciencia do ser humano. Enxeñosa transposición, relata a historia de Julius F. Kelp, un estrafalario e acomplexado profesor de química na universidade –precedente desastroso do Walter White de Breaking Bad- que decide probar unha beberaxe propia para mellorar a musculación e poder conquistar a alumna de quen está namorado. O experimento funciona e Julius transfórmase en Buddy Love. Subversiva, célebre, chea de momentos irresistibles, un dos cruzamentos de cine cómico e fantástico máis singulares da historia do cine.
-
Pé de imaxe. VI Congreso de Pedagoxia da Imaxe
El profesor chiflado
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.